domingo, 22 de marzo de 2015
Retoque Fotográfico
Na miña opinión, estamos a utilizar en exceso o photoshop. Na actualidade, moi poucas imaxes non están retocadas fotográficamente e as persoas non poden expoñerse ao mundo tal e como son en realidade. As persoas que aparecen nas fotografías retocadas son seres ficticios, que non existiron nin nunca existirán na actualidade. O photoshop está conseguindo que as persoas pouco a pouco sexan máis parecidas, ata o punto de convertilas en seres idénticos. O primeiro que pensamos ao saír mal nunha fotografía é ``non importa, logo a retoco co photoshop´´ e acabase o problema. Co uso do photoshop, calquera persoa pode considerarse fotógrafo, xa que é capaz de solucionar todos os problemas de técnica que ten un profesional no momento en que realiza a imaxe.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario